Confirmando os rumores de que Facebook estaba a preparar unha alternativa á popular aplicación Flipboard, a compañía de Mark Zuckerberg presenta hoxe Paper, unha nova aplicación que quere axudar ao usuario a explorar e compartir historias cos amigos e o mundo, facilitando a narración cun deseño envolvente a pantalla completa (para evitar distraccións) que tamén procura facer doado compartir historias propias.
O Paper de cadaquén estará composto por historias e seccións temáticas, para que podamos realizar seguimentos en función das nosas preferencias. A primeira sección de Paper serán as novas de Facebook, facendo moi atractiva a visualización de fotografías, vídeos e publicacións de texto longas; e permitirá elixir entre ducias doutras seccións entre varios temas (fotografía, deporte, ciencia, deseño…) que recollerán contidos tanto de medios coñecidos como de voces emerxentes.

A aplicación de Paper é a primeira que sae dos Facebook Creative Labs e estará dispoñible para iPhone nos EE.UU. a partir do vindeiro luns.
Vídeo de presentación de Paper
Facebook presenta unha nova aplicación móbil pensada para o consumo de contidos
Compartir Este Artigo

