O célebre desenvolvedor de aplicacións para Windows Phone, Rudy Huyn, que destacou nos últimos meses por estrear no sistema operativo de Microsoft clientes non oficiais de Instagram, Vine e Snapchat, adiantándose considerablemente ás aplicacións oficiais de cada plataforma, e agora repite a xogada con CloudSix, un cliente de balde para acceder a Dropbox, facilitando o uso deste servizo de almacenamento na nube dende Windows Phone 8.
Deste xeito, con CloudSix for Dropbox podemos levar todas as nosas fotografías, documentos e vídeos a calquera parte e compartir eses contidos con facilidade, permitindo tamén almacenar en Dropbox os ficheiros do móbil que queiramos. Como outras solucións semellantes, esta nova aplicación móbil tamén permite gardar de xeito automático todas as fotografías e vídeos do móbil a Dropbox (cando o móbil está cargando). Tamén destaca por permitir configurar varias contas de usuario en Dropbox dentro da aplicación e protexer os nosos documentos cun código PIN.
Dropbox conta cun novo cliente para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

