Pocket, o servizo de almacenamento de contidos da web para a súa consulta posterior coñecido antes como Read It Later, atendendo a que o 40% dos seus usuarios non son de fala inglesa actualizou as súas aplicacións móbiles para Android e iOS e a súa web para incorporar 6 novos idiomas: francés, alemán, italiano, xaponés, ruso e español.
Con este paso Pocket achégase máis aos seus usuarios, estimando que o 22% dos mesmos emprega as 6 linguas engadidas, polo que xa facilitarían o uso da súa ferramenta nunha lingua próxima para o 82% do seu público actual.
Aínda que este tipo de servizos fixérase popular inicialmente a través de engadidos en navegadores web, nos últimos anos gañaron moito peso grazas á posibilidade de integrarse en aplicacións móbiles, estando Pocket xa incluído en máis de 700 apps entre as que figuran Flipboard, Twitter e Feedly, e anunciando que van continuar a avanzar nesta dirección, especialmente a nivel internacional como, por exemplo, integrándose de xeito predeterminado en Yandex Browser, navegador web popular en Rusia.
Pocket incorpora o español ás súas aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo

