Como proposta diferente na mensaxería instantánea Snapchat ofrecía non só a posibilidade de intercambiar imaxes incluíndo nas mesmas textos, senón que tamén permitía que estas comunicacións fosen fugaces, xa que as mensaxes auto-destrúense, o que resultaba ideal para comunicacións rápidas ou para compartir material do que non se quería que quedase pegada, pero agora queren levar esta plataforma un paso adiante e anuncian que integra unha funcionalidade chamada Chat, que permite establecer conversas en tempo real de xeito que, cando saímos das mesmas, elimínase o seu historial, mantendo o espírito desta aplicación.
Para completar esta funcionalidade de conversas en vivo, Snapchat, aplicación dispoñible para Android e para iOS, tamén permite que as comunicacións non se limiten a intercambiar texto e ficheiros, senón que poida completarse con vídeo en directo, o que supón unha importante mellora desta ferramenta, que gaña así en versatilidade, e potenciar a súa función principal: estar en contacto coas persoas máis próximas.
Vídeo de presentación da nova versión de Snapchat
Snapchat integra videoconferencias
Compartir Este Artigo

