O polémico John McAfee levan un tempo anunciando que dende a súa compañía de seguridade informática Future Tense Central (FTC) está a preparar solucións para conseguir establecer comunicacións seguras, podendo manterse incluso fóra da vixilancia de autoridades gobernamentais, e de FTC chega agora Chadder, unha aplicación móbil de mensaxería que permite aos seus usuarios intercambiar de balde mensaxes cifradas, para o que contaron cun equipo de desenvolvedores do Instituto de Tecnoloxía de Rochester (RIT). McAfee asegura que esta ferramenta é tan segura que nin sequera dende FTC poden ver as comunicacións que circulan a través da mesma.
Chadder recibe as comunicacións do usuario xa cifradas, de xeito que só poderán desbloquearse as mensaxes cando as reciba o seu destinatario, mecanismo que garante a confidencialidade das comunicacións. Actualmente a aplicación está dispoñible para a súa descarga de balde en Google Play e na tenda de aplicacións para Windows Phone (a aplicación é compatible con Windows Phone 8.1), agardándose que a súa versión para iOS estea dispoñible en poucas semanas.
Vídeo de presentación de Chadder

