
A plataforma na que iniciamos unha presenza máis ampla é iOS, onde estamos presentes por partida dobre, de xeito que temos unha aplicación para iPhone dende a que acceder aos contidos que publicamos vía web, coa información diaria sobre actualidade, trebellos e videoxogos e, por outras banda, unha aplicación universal que se integra dentro do Quiosco dos dispositivos móbiles de Apple, o que facilita o acceso aos contidos da nosa edición impresa dun xeito organizado e áxil, sen precisar dun lector de documentos PDF adicional.
Buscando chegar a outras plataformas, tamén publicamos unha aplicación para Windows Phone 8, equivalente á que que temos para iPhone, coa información diaria da nosa páxina web, pero coa estética e interface máis propia dos sistema operativo móbil de Microsoft.
Estamos tamén a completar as primeiras versións das nosas aplicacións para Android e para Windows 8, que verán a luz nos vindeiros días, comezando despois un proceso no que estudiaremos se cada plataforma seguirá o mesmo camiño ou procuraremos integrar as diferentes plataformas cunhas prestacións e unha aparencia común.
Código Cero estrea aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo

