Nas últimas horas, e de xeito accidental, apareceu nalgunhas App Store internacionais unha aplicación de mensaxería de Facebook que parece chegar para competir con Snapchat, e que responde ao nome de Slingshot, aínda que neste momento xa non pode atoparse nas tendas de descargas, xa que dende Facebook a retiraron ao decatarse do descoido.
Slingshot sería moi semellante a Snapchat no seu manexo, que partiría dun vídeo ou fotografía a compartir, contido sobre o que podemos debuxar ou escribir antes de mandalo, mensaxe á que pode responderse cunha reacción, sendo estas comunicacións efémeras.
Para poder ver as publicación dos amigos tamén será preciso compartir algo con eles, o que debería de contribuír a viralizar esta aplicación. Haberá que agardar agora ao lanzamento oficial da aplicación para ver se estamos ante unha ferramenta móbil de éxito ou ante un fracaso como a aplicación Poke, que Facebook retirou das tendas de descargas ante a súa reducida demanda.
Slingshot será a resposta de Facebook a Snapchat
Compartir Este Artigo

