Tras un lanzamento en falso a semana pasada, finalmente xa está aquí a resposta de Facebook a Snapchat, Slingshot, a segunda aplicación dos Facebook Creative Labs que quere axilizar o xeito de compartir momentos do noso día a día con moitas persoas dunha vez.
A nova aplicación permite publicar fotografías e vídeos, dun xeito semellante a Snapchat (inspiración recoñecida polo equipo detrás deste novo servizo), buscando a curta vida dos contidos e facilitando a creación de algo novo e diferente engadindo texto e cor ás nosas capturas para logo remitilas á comunidade para que responda replicando o contido ou publicando unha reacción ante o mesmo. En calquera caso, os usuarios que queiran ver un contido deberán publicar tamén nesta plataforma, polo que é de agardar que acade unha grande viralidade nos vindeiros días.
Actualmente a aplicación está dispoñible para iPhone nos EE.UU. e para Android 4.1 ou superior, e é de agardar que nas vindeiras semanas evolucione segundo o feedback que vaia recibindo, pois este tipo de aplicacións dependerá moito do tipo de uso que lle dean os seus usuarios para buscar cara a onde evolucionar.
Vídeo de presentación de Slingshot
Slingshot, a resposta de Facebook a Snapchat, por fin dispoñible
Compartir Este Artigo

