A aplicación de Búsqueda de Google vén de recibir a súa versión 3.5, ampliando o soporte de idiomas dunha das súas características estrela: iniciar buscas de voz tras recoñecer que o usuario di en voz alta “Ok Google”, indicando a liña á que Google apunta con moita da tecnoloxía que está a desenvolver no contorno de Android (como Android Wear, Android Auto ou Android TV) potenciando o control por voz.
Esta revisión da aplicación de busca xa non se limita ao inglés (ao que engade varios dialectos), senón que tamén inclúe o francés, o alemán, o italiano, o ruso, o coreano, o xaponés, o portugués (de Brasil) e o español (de España e México) de xeito que agora é posible realizar varias consultas a Google sen ter que tocar o terminal móbil (aínda que polo momento esta funcionalidade limítase á aplicación de busca).
A aplicación de busca de Google para Android xa recoñece a orde “Ok Google” en España
Compartir Este Artigo

