Dende Wacom levan tempo comercializando accesorios que facilitan o uso de tablets como ferramenta de debuxo como o lapis Bamboo Stylus mini, para o que ofrecen de balde a aplicación Bamboo Paper, que ata o momento só estaba dispoñible de xeito completo para iOS e cunha versión algo limitada para Android, pero finalmente aposta decididamente pola multi-plataforma, e xa conta con versión completa para Android en Google Play e na Amazon Appstore e incluso para Windows 8/RT, de xeito que os tablets con sistema operativo de Microsoft tamén poden aproveitarse a xeito de caderno no que tomar notas ou realizar debuxos. Esta última versión celebra o seu lanzamento ofrecendo de balde todas as súas ferramentas premium de escritura e debuxo, polo que resulta bastante recomendable a súa rápida instalación para poder probar a fondo as posibilidades desta aplicación que converte a pantalla táctil nun substituto dun caderno de papel.
Bamboo Paper pode empregase simplemente para tomar anotacións a man, aínda que ao poder elixir o tipo de ferramenta de debuxo a empregar (lapis, bolígrafo, rotulador…), o grosor do trazado e a cor, podemos desatar a nosa creatividade, e debuxar e realizar bosquexos sen ter que preocuparnos de ter material de debuxo a man, e podendo exportar os resultados a diferentes servizos na nube e redes sociais.
Esta ferramenta busca principalmente instar aos usuarios a adquirir un dos lapis dixitalizadores de Wacom, dispoñibles en distintos modelos que parten de prezos bastante asumible, como o Bamboo Stylus Mini (9,90 euros) ou o máis preciso Bamboo Stylus feel (39,90 euros).
Bamboo Paper facilita que usemos os tablets con Windows 8 a xeito de caderno
Compartir Este Artigo

