Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O software libre chega a máis de 250 alumnos grazas a GHANDALF
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O software libre chega a máis de 250 alumnos grazas a GHANDALF

Redacción
Publicado: 15/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

logo_ghandalf.jpgGHANDALF -entidade sen ánimo de lucro que traballa a prol dunha Sociedade do Coñecemento baseada nos principios de libre acceso e uso do software e da información- informou que nestas últimas semanas máis de 250 alumnos pertencentes a diferentes niveis da ESO e de ciclos superiores (tamén algúns profesores destes centros), recibiron por parte da dita asociación GHANDALF unha serie de charlas formativas en materia de programación aberta.
Así, o pasado 1 de outubro, no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, tiña lugar a primeira destas charlas, na que arredor de 100 alumnos de 1º e 2º da ESO e parte do profesorado, recibiron unha charla de introdución ao software libre: que é o software libre, como se obtén, que vantaxes achega e mesmo darse conta de que o estaban a empregar a diario sen ser conscientes dilo. Na segunda parte da charla viron exemplos de ferramentas libres que se poden empregar para as tarefas máis habituais: ofimática, navegación por internet, retoque fotográfico, xogos, etc.
Por outra banda, no IES Xulián Magariños de Negreira onte, 14 de outubro, levábanse a cabo outras dúas sesións, nas que participaron máis de 150 persoas en total. A primeira delas encamiñada a alumnos e profesorado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato baseouse nos mesmos contidos introdutorios que no caso anterior, pero adaptados á maior idade dos alumnos asistentes. Coa charla puideron coñecer máis polo miúdo que é o software libre e como pode abranguer todas as súas necesidades tecnolóxicas achegándolles grandes vantaxes. A segunda das sesións estivo dirixida aos alumnos do Ciclo Superior de Informática (ASIR) e ao profesorado de informática. O contido desta charla virou máis técnico: aspectos legais da programación aberta, licenciamento, desenvolvemento en comunidade, etc. O obxectivo foi que os alumnos, dado que no futuro estarán a traballar no sector TIC, teñan un coñecemento maior sobre o software libre, así como unha base para chegar a entender a casuística en canto aos aspectos legais, licenciamento e ferramentas de desenvolvemento en comunidade.
Cómpre dicir que este tipo de actividades non son novas para a asociación GHANDALF, xa que dende o seu nacemento no ano 2009 as charlas formativas dirixidas ao alumnado, profesorado e mesmo profesionais de diversos sectores veñen sendo un dos seus sinais de identidade.
Engadir que estas charlas forman parte das actividades que a asociación GHANDALF realiza no marco do Convenio de colaboración asinado coa AMTEGA para a difusión do software libre e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?