Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego, entre as dez linguas que acadan o 100% de tradución no Ubuntu 14.10
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O galego, entre as dez linguas que acadan o 100% de tradución no Ubuntu 14.10

Redacción
Publicado: 04/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ubuntu_stats_galego.jpgOs seareiros galegos das versións alternativas aos sistemas operativos pechados están de celebración, posto que xa teñen ao seu dispor -e na nosa lingua- a nova versión da distribución GNU/Linux Ubuntu, a versión 14.10, con nome en clave Utopic Unicorn. Estamos perante unha remodelación de mantemento que terá un período de vixencia de nove meses (a partir deste mes) coa novidade -segundo informan dende a Oficina de Software Libre do consorcio interuniversitario CIXUG- de que esta nova versión estará de novo dispoñible 100% en galego, grazas á comunidade de tradución ao galego de Ubuntu.
Esta comunidade, na que segundo se pode ver na súa páxina web participan arestora 14 voluntarios, sitúa ao galego entre os únicos 10 idiomas do mundo que acadan o 100% de localización, por riba de linguas coma o chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas. Cómpre lembrar que moito do traballo de tradución preciso para dispoñer de Ubuntu en galego é herdado dos proxectos orixe que integran este sistema operativo como por exemplo o escritorio Gnome, o navegador Firefox ou a suite ofimática LibreOffice, todos eles agrupados baixo o proxecto Trasno.
En canto a novidades, lembrar que é unha versión de mantemento, polo que están centradas sobre todo na área de compatibilidade con máis hardware, grazas á introdución do núcleo Linux 3.16 así como nas melloras notables no funcionamento de aplicativos web (especialmente aqueles que dependen da nube), ou servizos virtualizados no escritorio. Tamén trae a primeira versión da nova familia 4.3 da suite LibreOffice e unha das últimas versións, a 33 de Mozilla Firefox e versión 38 de Chromium. Toda a información e as ligazóns para descargar, instalar ou actualizar Ubuntu pode consultarse nas notas de publicación. Para unha descarga directa: releases.ubuntu.com/14.10/

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?