Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: LibreCon 2014 converterá Euskadi no centro neurálxico do software libre internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

LibreCon 2014 converterá Euskadi no centro neurálxico do software libre internacional

Redacción
Publicado: 05/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

LibreCon2014.jpgEntre o 11 e o 12 de novembro, en Bilbao, celebrarase o que case con toda probabilidade é o meirande evento de tecnoloxías abertas do eido estatal, LibreCon, e un dos máis importantes do mundo dentro do seu ámbito. A edición 2014 vén da man da federación española ASOLIF e a plataforma éuscara ESLE e conta co apoio de empresas do sector TIC como Red Hat, Alfresco, Irontec, Euskatel, Lanbide, Zimbra e Finodex, ás que cómpre engadir o apoio do Goberno Vasco, a Deputación de Biscaia, a Deputación de Guipúscoa, o Concello de Bilbao ou CENATIC. Segundo fan saber os organizadores, “a presente edición converterase nunha oportunidade única para achegarse ás tecnoloxías abertas de maneira directa”.
A cita será no Palacio Euskalduna e artellarase en base a conferencias, casos de éxito, demostracións, charlas e obradoiros, coas últimas tendencias do sector das tecnoloxías abertas como pano de fondo e como contido en si mesmo.
Segundo engaden ASOLIF e ESLE, o carácter internacional de LibreCon fica patente este ano coa participación de administracións como o Concello de Múnic, co seu proxecto LiMux, que axudou á cidade alemá a aforrar 11 millóns de euros; ou a Xendarmería francesa, coa migración de solucións de computación e ofimática libres máis grande da historia. A presenza de Jim Whitehurst, CEO de Red Hat, confirmada nas últimas horas, tamén é digna de subliñarse e certifica esta vontade transfronteiriza e universal de LibreCon. Por certo que na cita tamén participarán organizacións como Amnistía Internacional España, con preto de 65.000 membros e 1.800 activistas, que amosará en detalle como mellorou a súa xestión coa plataforma CiviCRM. Amais disto, concorrerán empresas como Atrapalo.com, “un dos maiores comercios electrónicos do sector turístico e lecer, que presentará como as tecnoloxías abertas son claves en determinadas áreas do negocio”, explica a organización, que engade que tamén se contará con startups como como CartoDB, que contarán “como converteron o seu modelo baseado en software libre nunha empresa de éxito capaz de captar o interese de investidores e clientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?