Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tegnix representará ao eido galego do software libre en LibreCon 2014
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Tegnix representará ao eido galego do software libre en LibreCon 2014

Redacción
Publicado: 10/11/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

librecon_bilbao2.jpgAs tecnoloxías abertas serán o tema central de LibreCon, que nesta edición 2014 vén da man da federación española ASOLIF e a plataforma éuscara ESLE, que conta co apoio de empresas punteiras do sector como Red Hat, Alfresco, Irontec, Euskatel, Lanbide, Zimbra e Finodex, ás que cómpre engadir o apoio do Goberno Vasco, a Deputación de Biscaia, a Deputación de Guipúscoa, o Concello de Bilbao ou CENATIC. A cita será no Palacio Euskalduna e artellarase en base a conferencias, casos de éxito, demostracións, charlas e obradoiros, coas últimas tendencias do sector das tecnoloxías abertas. LibreCon 2014 recolle a testemuña das tres edicións anteriores da Libre Software World Conference (LSWC), a edición 2012 celebrada en Santiago. En canto á presenza galega, sinalar que o 11 de novembro intervén Tegnix.
A galega empresa estará representada polo seu xerente Carlos Rodríguez, quen achegará a conferencia titulada Implantación de novas tecnoloxías con software libre en aulas (proxectos Abalar e CeMIT) sobre as tecnoloxías e procedementos introducidos na área de administración de sistemas para os proxectos Abalar (75.000 equipos) e Rede CeMIT (1.500 equipos), ambos pertencentes á Xunta de Galicia.
A presenza internacional en LibreCon estará protagonizada por administracións como o Concello de Múnic, co seu proxecto LiMux, que axudou á cidade alemá a aforrar 11 millóns de euros; ou a Xendarmería francesa, coa migración de solucións de computación e ofimática libres máis grande da historia, ou a comparecencia de Jim Whitehurst, CEO de Red Hat. Alén destas participacións, tamén acudirán organizacións como Amnistía Internacional España, con arredor de 65.000 membros e 1.800 activistas, que amosará a súa xestión coa plataforma CiviCRM. Amais disto, concorrerán empresas como Atrapalo.com, “un dos maiores comercios electrónicos do sector turístico e lecer, que presentará como as tecnoloxías abertas son a chave en determinadas áreas do negocio”, explica a organización, que engade que tamén se contará con startups como como CartoDB, que dará conta de “como converteron o seu modelo baseado en software libre nunha empresa de éxito capaz de captar o interese de investidores e clientes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?