A tableta Nokia N1 presentada onte, aparte dunhas boas prestacións técnicas, presume de axilizar o acceso a aplicacións a través da aplicación Nokia Z Launcher, da que demos conta hai varios meses, pero esta ferramenta para Android 4.1 ou superior deixa de estar na súa fase pre-beta, e chega á súa beta oficial, estreándose en Google Play, de xeito que xa podemos instalala de xeito doado na meirande parte dos dispositivos con Android que hai no mercado.
Este xeito de acceder a aplicacións, contactos e páxinas web mediante xestos resulta bastante cómodo e áxil, e aínda que sexa unha creación de Nokia, non é exclusiva dos seus dispositivos senón que, simplemente, virá preinstalada nos mesmos.
O feito de agora Nokia presentase unha tableta tamén serviu para que o Z Launcher estea optimizado para pantallas de grande tamaño, o que beneficiará a todos os que queiran gozar deste lanzador de aplicacións nos seus distintos dispositivos.
Vídeo de presentación do Nokia Z Launcher
O Z Launcher de Nokia chega a Google Play
Compartir Este Artigo

