Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Demostrador TIC celebra un seminario-obradoiro sobre o sistema de blogues WordPress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Centro Demostrador TIC celebra un seminario-obradoiro sobre o sistema de blogues WordPress

Redacción
Publicado: 27/11/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wordpress_seminario.jpgA vindeira semana, o mércores 3, vaise celebrar no Centro Demostrador TIC un seminario para profesionais sobre as potencialidades, posibilidades e funcionalidades de WordPress, plataforma dispoñible na nosa lingua e encamiñada a facilitarnos un sistema de xestión de blogues libre en todo o sentido do termo: de libre descarga e libre instalación, amais de ser código aberto e de balde. O seminario vaise desenvolver baixo o seguinte epígrafe: Iniciación a WordPress: crear e xestionar unha web/blog profesional de balde.
Trátase dunha xornada de feitura práctica, onde o obxectivo é que cada participante remate a sesión coa súa propia web construída. “Os asistentes”, informan fontes do Centro Demostrador TIC, “coñecerán as bases para a creación de webs/blogs profesionais, persoais ou corporativos, sen a necesidade de posuír grandes coñecementos informáticos nin de deseño, así como contando cun orzamento moi axustado”. O seminario, engádese, vai dirixido a profesionais autónomos de todos os sectores, PEME, asociacións ou clústeres, que desexen iniciarse na construción e na xestión dunha web propia sobre un alicerce axustado de coñecemento TIC e orzamentario.
O seminario en cuestión virá da man de Pedro Arenas Barreiro, responsable de Ingenyus, empresa centrada nas novas metodoloxías de mercadotecnia. Arenas ten máis dunha ducia de anos de experiencia directiva en departamentos de publicidade e promoción de multinacionais dos ámbitos farmacéutico e alimentario. A asistencia ao seminario é completamente de balde, sendo só preciso a inscrición previa través do Espazo Usuario do portal web do CDTIC. Este seminario forma parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?