
Entre as producións que apareceron na Rede figuran Fury, a grande produción ambientada na Segunda Guerra Mundial con Bad Pitt como protagonista; o remake do musical Annie que buscaba ser unha das grandes estreas do Nadal; o biopic Mr. Turner; o filme de Julianne Moore Still Alice; e To Write Love on Her Arms, que non chegaría ás pantallas norteamericanas ata o 15 de marzo (polo que estariamos ante unha filtración tan anticipada que non nos consta un precedente semellante.

Dende The Wall Street Journal aseguran que a investigación sobre o ataque apunta a un código malicioso que en 2013 se empregou para atacar a compañías surcoreanas e que atribuíuse a Corea do Norte, de aí que continúen as sospeitas sobre a ditadura asiática.
Aínda que a filtración de películas é a consecuencia máis visible da vulneración da seguridade de Sony Pictures, aseguran que se roubaron uns 11 Tb de datos entre os que habería moita información sensible (como documentos con información persoal de traballadores, cartafoles de correo electrónico, documentación dos sistemas informáticos da empresa…) polo que nas vindeiras semanas poderiamos saber aínda máis desta intrusión.
Filtran á Internet 5 películas sen estrear de Sony Pictures
Compartir Este Artigo

