O Blog Oficial de Google España convida hoxe a descubrir os 50 novos tesouros da xeografía española que destacou a través de Google Maps polo seu rico legado artístico, arquitectónico e cultural, permitindo percorrer virtualmente a Alhambra, as Medulas de León, a cripta do Templo Expiatoria da Sagrada Familia e, e incluso os arredores da Torre de Hércules da Coruña.
Para poder amosar os tesouros arquitectónicos e naturais de España dende Google tiveron que percorrer moitos dos enclaves destacados empregando unha Trike, un trolley ou un Trekker, trebellos equipados con cámaras que rexistran imaxes en 360 graos, de xeito que poden chegar a onde non sería posible introducir aos coñecidos coches que toman habitualmente as imaxes de Google Street View.
Google destaca a Torre de Hércules entre os 50 novos tesouros da xeografía española
Compartir Este Artigo

