Cando realizamos buscas en Google non só aparecen resultados da web, senón tamén moita outra información achegada de distintas fontes, como novas, a carteleira cinematográfica, resultados deportivos… que aparece destacada antes dos resultados de busca tradicionais, e aos que está a engadirse a letra de cancións, polo momento só en EE.UU., e remitindo a Google Play para consultar a letra completa dos temas. Polo momento a listaxe de letras dispoñible é moi limitado, pero que é de agardar que medrará considerablemente nas vindeiras semanas, xa que é unha prestación que claramente contribuirá a promover os contidos que Google comercializa.
Esta funcionalidade do buscador vai resultar benvida para moitos, xa que ao buscar letras de cancións é normal atopar páxinas web cheas de publicidade e transcricións pouco fiables. Cómpre lembrar que para a publicación de letras de cancións na Rede é preciso contar coa correspondente licenza, de aí que moitas das páxinas web que se dedican a tal fin cesasen a súa actividade, pero o feito de que Google vaia competir coas páxinas web especializadas na materia vai supor todo un reto para as mesmas, que van ter problemas para conseguir un bo posicionamento se van ter un resultado de Google que as preceda.
Google comeza a amosar letras de cancións nos seus resultados de busca
Compartir Este Artigo
