A pasada madrugada Twitter experimentou un problema de conectividade provocado por un fallo no código das súas aplicacións oficiais.
Ao parecer dende aplicación oficial de Twitter para Android os usuarios vían como se pechaba a súa sesión, impedíndolles volver identificarse dende a aplicación, fallo que tamén se produciría na versión web móbil do servizo, mentres que as versións para iOS e escritorio non parecían ter problemas, agás Tweetdeck, aplicación tamén propiedade de Twitter, que amosaba as publicación cunha data errónea (os chíos aparecían como publicados hai un ano).
Neste momento o servizo parece ter recuperado a normalidade, para tranquilidade dos usuarios, que nalgún caso chegaron a pensar que as súas contas de usuario se viran comprometidas.
Twitter padeceu problemas de conectividade
Compartir Este Artigo
