Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma galega XeBook acada resultados óptimos no proxecto de préstamo electrónico interuniversitario
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A plataforma galega XeBook acada resultados óptimos no proxecto de préstamo electrónico interuniversitario

Redacción
Publicado: 05/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xercode.jpgIntercambiar obras académicas dixitais entre as universidades españolas, mediante as bibliotecas, como medio para establecer unha meirande difusión entre a comunidade universitaria, aumentar os índices de impacto e cumprir co acordo de intercambio reducindo custos son as bases sobre as que se asenta XeBook. O dito proxecto de plataforma, levado a cabo por Xercode e USAL, tradúcese nun intercambio científico e empréstito electrónico entre bibliotecas e editoriais universitarias españolas, sendo os seus resultados un servizo totalmente operativo en todas as súas universidades e, segundo vén de informar a galega Xercode, cun 100% de satisfacción en bibliotecas e editoriais.
A plataforma XeBook presentábase o pasado de novembro na Universidade de Burgos, inserido na XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria da Unión de Editoriais Universitarias Españolas e XXIII Extraordinaria, onde se deron a coñecer os resultados do proxecto piloto REBIUN-UNE para o préstamo e intercambio científico universitario dixital.
Cómpre dicir que para levar a cabo este proxecto contouse con plataformas tecnolóxicas, entre elas XeBook, as cales debían achegar ás bibliotecas universitarias a posibilidade de ofrecer en empréstito electrónico as obras de intercambio das editoriais universitarias participantes nun prazo de 5 meses.
O traballo foi exposto por Aránzazu García Pizarro (coordinadora do Grupo de Traballo en representación de UNE) e por José Antonio Merlo (coordinador do Grupo de Traballo en representación de REBIUN). Segundo explica Xercode, os únicos resultados que puideron ser presentados foron os obtidos a través da plataforma XeBook, cumprindo cos obxectivos e prazos marcados ficando totalmente operativo o empréstito e intercambio científico dixital en todas as universidades participantes: Burgos, Cádiz, Murcia, Santiago de Compostela e Salamanca.
Os resultados do proxecto piloto en XeBook son, en palabras de Xercode:
· As 5 universidades (biblioteca e editorial) están operativas no prazo marcado, algunhas en produción ou a falta de presentación do proxecto institucionalmente. Liquidáronse con éxito todas as problemáticas asociadas á autenticación de usuarios, realizado a formación pertinente a bibliotecas e editoriais.
· As 5 bibliotecas universidades poñen a disposición os libros dixitais da súa propia editorial universitaria e das outras editoriais do proxecto, con arredor de 400 libros en intercambio científico.
· As 5 bibliotecas universidades están a xestionar a adquisición de obras a provedores de contido para aumentar a súa colección para préstamo electrónico.
· Outras universidades están a asociarse ao proxecto o cal garante un aumento da colección de intercambio científico.
Por último sinalar que Xercode ponse a disposición de todas aquelas bibliotecas e editoriais universitarias que queiran participar nesta innovadora experiencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?