Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGASOL promoverá ferramentas das súas empresas no ámbito da Confederación de Empresarios da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

AGASOL promoverá ferramentas das súas empresas no ámbito da Confederación de Empresarios da Coruña

Redacción
Publicado: 05/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

agasol_cec.jpgAGASOL rematou o ano xuntando forzas con diversas entidades no seu camiño de acadar a máxima presenza das empresas de software libre galegas en múltiples ámbitos do noso tecido produtivo. Así, logo da alianza formalizada co Clúster TIC Galicia, a Asociación Galega de Empresas de Software Libre formalizou un pacto de colaboración co coa Confederación de Empresarios da Coruña, sendo o seu obxectivo promover e divulgar de forma conxunta o uso da programación aberta. Na sinatura do convenio participaron os presidentes de ambas as dúas entidades, Antonio Fontenla Ramil e Xavier Castaño García, respectivamente. O acto celebrouse o pasado 23 de decembro. O convenio, de duración indefinida, prevé a difusión dos servizos e as ferramentas abertas no ámbito empresarial provincial.
Segundo fixo saber o presidente de AGASOL, tanto a alianza co Clúster como coa CEC responden en boa medida ás propias demandas das nosas empresas, “porque buscan ante todo un modelo de negocio eficiente, adaptable ás súas necesidades, rendible e de alta calidade, e iso no ámbito do software ofréceo o software libre”. Xavier Castaño Garcia, presidente de AGASOL, engadiu que o convenio co Confederación é un paso adiante para a asociación, “xa que abre as portas ao afianzamento do peso específico que o software libre ten no sector empresarial galego. Asemade, apuntou, “abre unha canle de estreita colaboración co resto do sector empresarial que esperamos axude a crecer a implantación e desenvolvemento de software libre en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?