
Volvendo ao ciclo de GALPon, sinalar que abranguerá o último sábado dos meses de xaneiro – xuño e setembro – novembro achegando obradoiros sobre tecnoloxías libres. Estes obradoiros son todos de balde, abertos ao público en xeral, estando limitadas as prazas por motivos de aforo e a efectos de garantir o correcto seguimento por parte dos asistentes.
A actividade do último sábado de xaneiro celebrarase unha vez máis na Residencia Altamar, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.30 horas podendo prolongarse o remate en función dos contidos e a participación. O programa inclúe (entre outros contidos) a presentación de Arduino, a iniciación ao entorno de programación processing, a realización de distintos exemplos de modelos electrónicos dispoñibles na páxina de Arduino, unha exposición de proxectos que se apoian nesta plataforma (RepRap, PrintBo, Lottie Lemon, Openpipi, etc) e unha introdución ás metodoloxías para integrala con outras plataforma, como Android ou Raspberry.
GALPon inaugurará o terceiro ciclo dos Sábados Libres cun obradoiro sobre Arduino
Compartir Este Artigo

