O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, presentou hoxe o novo DNI electrónico 3.0 que, ademais de incorporar un chip certificado como dispositivo seguro (de maior capacidade e velocidade que o anterior modelo), permite a transmisión de datos vía NFC e radiofrecuencia. Tamén inclúe novas medidas de seguridade e dota á firma electrónica da mesma validez xurídica que a firma manuscrita. O ministro do Interior afirmou que esta iniciativa se enmarca no obxectivo que se fixou ao iniciar esta lexislatura: facer de España un país máis seguro.
Neste acto, que contou coa asistencia do director xeral da Policía, Ignacio Cosidó, expediuse o primeiro exemplar deste documento á nadadora olímpica Mireia Belmonte. Á presentación tamén asistiron a delegada do Goberno en Cataluña, María de los Llanos de Luna; o alcalde de Lleida, Ángel Ros, e a subdelegada do Goberno, Inma Manso.
O lanzamento do novo DNIe 3.0 realízase en Lleida como cidade piloto e a súa implantación estenderase progresivamente ao resto do territorio español. Durante este acto presentouse tamén o novo Pasaporte 3.0, que xa se está a emitir en toda España e que igualmente está dotado dun chip de maior capacidade e velocidade; un novo papel de seguridade, compoñentes holográficos renovados; tactocel e outras medidas de seguridade invisibles.
Entre as principais características do novo Documento Nacional de Identidade encóntrase un chip máis rápido, con máis capacidade e certificado como dispositivo seguro de creación de firma electrónica recoñecida, dotándoo da mesma validez xurídica que a firma manuscrita. Debido ás súas novas capacidades técnicas, o DNI 3.0 poderá ser usado como documento de viaxe electrónica. Así mesmo, permitirá a comunicación con smartphones a través dunha antena de radiofrecuencia e vía NFC.
A Dirección Xeral da Policía ten vixente un Plan Estratéxico que mantén entre os seus obxectivos o desenvolvemento dunha Policía 3.0 baseada na innovación tecnolóxica e un uso máis eficiente dos recursos. Entre as actuacións que integran esta transformación encóntrase o deseño e lanzamento do DNIe 3.0 cuxa posta en marcha arranca hoxe.
Para facilitar o uso do DNIe en smartphones e tablets, incorporouse tecnoloxía de lectura sen contactos (NFC) na tarxeta do DNI 3.0, que permitirá a lectura deste aproximándoo ao terminal. Os usos máis inmediatos da plataforma de servizos asociados ao DNIe 3.0 diríxense a facer distintas aplicacións para móbiles co concepto de autorizacións. Por exemplo: autorización a terceiras persoas para recoller paquetes que chegan por correo ou por servizos de mensaxería; para colexios, autorización a excursións dos nenos ou para asinar notas; recollidas de medicamentos nas farmacias, cando existe a receita electrónica, e o enfermo non pode retiralas; ou a firma segura de correos electrónicos.
O novo Pasaporte 3.0, que xa se está a emitir en toda España, está dotado dun chip de maior capacidade e velocidade; un novo papel de seguridade, compoñentes holográficos renovados; tactocel e outras medidas de seguridade invisibles. Ademais, o titular do pasaporte poderá deixar na base de datos de pasaportes un punto de contacto, teléfono ou correo electrónico, para que en caso de emerxencia fóra do territorio español se poida avisar alguén do seu ámbito.
Cómpre detallar que ata o momento, aínda que se expediron máis de 43,4 millón de DNI electrónicos e de 11,2 millóns de pasaportes electrónicos, o nivel de uso das súas prestacións avanzadas aínda é mínimo, de aí que a revolución desta solución de identificación parecese unha medida urxente.
O novo DNI electrónico incluirá NFC
Compartir Este Artigo
