As plataformas de música mediante streaming multiplicáronse coma cogomelos nos últimos anos, aínda que Spotify conseguiu manterse como o referente na meirande parte dos mercados, e aínda que o seu modelo de negocio foi adaptándose á realidade mudando as condicións nas que permite o seu uso de balde, as condicións que ofrece aos usuarios de pagamento parecen ser o suficientemente boa como para manter aos seus usuarios a longo prazo, o que permítelles agora presumir de que remataron 2014 superando os 15 millóns de subscritores e os 60 millóns de usuarios activos.
Deste xeito, Spotify comeza 2015 con moita enerxía, deixando claro que o acceso ao seu catálogo musical dende equipos conectados á Rede e con publicidade aínda ten o seu intereses, pero destacando que hai millóns de usuarios aos que non lles importa pagar unha cota mensual para poder omitir os anuncios e poder levar a música en mobilidade (sen ter que consumir datos no seu dispositivo móbil), aínda que cómpre destacar que existen moitas promocións para conseguir o servizo a prezos reducidos (por exemplo, os estudantes teñen un desconto do 50%, e os clientes de Movistar tamén poden contratar Spotify Premium cun 40% de desconto).
Spotify supera os 15 millóns de usuarios de pagamento
Compartir Este Artigo
