Nun informe de appFigures no que analizan o estado das tendas de aplicacións de iOS e Android destacan que a tenda de descargas de Google xa supera en número de aplicacións á de Apple tras medrar máis do 50% no último ano. O resultado de Google Play é especialmente notable polo feito de que a App Store de Apple continúa a medrar a bo ritmo, sendo a tenda que ten dificultades para destacar a terceira analizada (a Amazon Appstore).
Outras compañías como App Annie tamén confirmar que Google Play conta con máis aplicacións que a App Store, de xeito que a plataforma de Google sería un 17% máis grande que a de Apple, pero só en volume de aplicacións e en volume de descargas, pero non así en rendibilidade económica, xa que iOS segue a xerar moitos máis cartos.

Que Android estea a mellorar o seu catálogo de aplicacións parece ser unha clara consecuencia de que a base de usuarios a nivel mundial é moi superior á de iOS, o que fai que, aínda que os usuarios de Android teñan un nivel de gasto máis baixo, a grande masa de usuarios progrese cara a compensar a diferenza, o que podería chegar a suceder nos vindeiros meses de manterse a progresión de Android.
Google Play supera en número de aplicacións á App Store
Compartir Este Artigo
