Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a terceira edición do programa formativo con software libre para os reclusos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

En marcha a terceira edición do programa formativo con software libre para os reclusos galegos

Redacción
Publicado: 26/01/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

IMG_20150114_111419.jpgTemos nova convocatoria do programa galego alfabetización dixital para os presos dos cárceres galegos, iniciativa impulsada pola Asociación de Usuarios de Software Libre de Terra de Melide (MeLiSA) ao abeiro do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta da axencia AMTEGA. Así, este martes 27 de xaneiro ponse en marcha, oficialmente, a terceira edición desta nova achega de actividades formativas e dinamización, actividades que teñen as virtudes extra de realizárense onde máis se precisan e, ademais, ao abeiro do coñecemento e a informática sen barreiras. A terceira edición dos Obradoiros Tecnolóxicos en Centros Penitenciarios de Galicia arrancan cun obradoiro de montaxe, reparación e configuración de ordenadores con software libre no Centro de Teixeiro.
Este obradoiro terá continuidade ata o mes de outubro, “para poder chegar aos sete centros penitenciarios galegos”, sinala MeLiSA.
Como dixemos, esta iniciativa encádrase dentro das actividades do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia en colaboración coa asociación de Melide para favorecer a inserción laboral da poboación reclusa galega a través das TIC. Este proxecto formativo nos centros penitenciarios chega á súa terceira edición despois de levarse a cabo durante os anos 2013 e 2014, edicións “nas que que se realizaron diversas accións formativas nos cinco centros penitenciarios galegos, e os dous CIS, da Coruña e de Vigo, formando a un total de 83 internos, axudando á súa inserción no mercado laboral a través da formación en diferentes áreas TIC”, engade MeLiSA.
melisa_teixeiro_carceres.jpgRespecto á actividade coa que comeza a terceira convocatoria, dicir que un total de 15 internos pertencentes ao módulo de respecto serán os destinatarios do obradoiro en Teixeiro, no que se utilizarán oito computadores que foron doados polo colectivo de usuarios de software libre con sede na dita vila coruñesa, así como diferente material informático para poder realizar reparacións se é preciso. “Os participantes neste taller”, sinala o colectivo, “poderán aprender a montar un ordenador persoal identificando os diferentes compoñentes do mesmo, detectar as avarías máis comúns, e realizar labores de mantemento dos mesmos”. Ao remataren, explícase, estarán en disposición de instalar e configurar un sistema operativo GNU/Linux, co propósito de que estes equipos poidan formar parte dunha nova aula de informática no módulo de respecto.
Os voluntarios de Melisa encargados de impartir estes obradoiros serán Rafael Rodríguez, Jorge Lama e Salvador Tabarés, os cales xa contan con experiencia neste tipo de talleres, tanto no centro de Teixeiro coma no resto de centros penitenciarios da nosa comunidade autónoma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?