En España non nos resultan descoñecidas as pouco efectivas accións da industria audiovisual contra plataformas como Rojadirecta, pero en Italia a situación parece ser bastante diferente, e están a ser moi agresivos para evitar o streaming de actividades deportivas e, tras unha denuncia da plataforma de televisión por satélite SKY Italia na que daban conta de máis de 120 páxinas web que facilitaban o acceso a retrasmisións de eventos deportivos, concertos, música, películas e series de televisión sen autorización emprendeuse a impresionante Operación Match Off.
Nas investigacións realizadas pola Unidade Especial de Fraude Telemático da Guardia di Finanza analizaron os espazos denunciados, centrándose especialmente no streaming de eventos en vivo e contidos baixo demanda, e ante o feito de que estas páxinas web operaban dende fóra de Italia, optaron por bloquear o seu acceso dende dentro do país a través dunha orde xudicial para que os IPS italianos non bloqueen o acceso a 124 páxinas web das que non deron a coñecer a relación completa, pero que sería o meirande bloqueo ordenado ata o momento.
A Guardia di Finanza destaca que as páxinas bloqueadas incluían publicidade moi agresiva e empregaba técnicas para conseguir clics fraudulentos, atopándose entre os anuncios os de marcas recoñecidas, o que iría en contra dun acordo pechado coa industria publicitaria o pasado verán en Italia para loitar contra a piratería (estrangulando a súa principal fonte de financiamento) o que levará ás autoridades a investigar ás axencias publicitarias que non están a respectar actualmente o acordo.
Italia loita contra a piratería audiovisual bloqueando o acceso a 124 páxinas web
Compartir Este Artigo
