Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A contorna do software libre reunirase na Coruña arredor da Akademy 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

A contorna do software libre reunirase na Coruña arredor da Akademy 2015

Redacción
Publicado: 29/01/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Participantes na Akademy celebrada en Málaga
Participantes na Akademy celebrada en Málaga
A Akademy 2015, a reunión anual da comunidade internacional de desenvolvedores e usuarios da contorna de escritorio KDE, terá lugar na cidade de A Coruña entre o 25 e o 31 de xullo deste ano. Así, a comunidade internacional de software libre, da man da Asociación GPUL e da contorna de escritorio KDE, reunirase na Facultade de Informática da Coruña, nunha xuntanza para a cal agárdase que asistan centos de persoas co obxectivo de debater e planear o futuro do proxecto KDE. Espérase tamén a asistencia de participantes procedentes doutros proxectos libres (contornas gráficas, distribucións…) así coma de empresas de relevancia no sector e xente interesada no software libre en xeral.
Emporiso, cómpre dicir que non é esta a primeira vez que GPUL se encarga da organización dun evento destas características, pois conta cunha ampla experiencia de máis de 15 anos.
Entre outros encontros, GPUL levou a cabo a GUADEC 2012, a conferencia internacional de desenvolvemento da contorna de escritorio GNOME, cun grande éxito de convocatoria e de organización. Ese mesmo ano, GPUL foi galardoada co premio GNOME Hispano 2012 en recoñecemento ao seu labor na organización de eventos de software libre, como os relacionados co proxecto GNOME (3 GUADEC-ES, a GuaDemy e a GUADEC 2012).
GPUL, segundo lembra Mancomún, ten tamén fortes ligazóns coa comunidade KDE sendo varios dos socios de GPUL así mesmo socios de KDE-España. GPUL mantén unha constante presenza nas actividades de KDE, ten organizado numerosas actividades relacionadas coas tecnoloxías KDE, como a Akademy-es 2008, en colaboración coa acabada de nacer asociación de KDE-España, a celebración do XV Aniversario de KDE cunha xornada especial, ou o sprint 2013 de KDE-Edu, entre outras moitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?