Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CNTG acolle o 25 un seminario sobre o proxecto de desenvolvemento web vNext
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O CNTG acolle o 25 un seminario sobre o proxecto de desenvolvemento web vNext

Redacción
Publicado: 09/02/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, CNTG, vai acoller o vindeiro 25 de febreiro un seminario sobre vNext, un proxecto encamiñado a favorecer o desenvolvemento de webs baseadas en software libre e con alcance multiplataforma. A xornada divulgativa, que se vai celebrar no salón de actos do CNTG en horario de 16.30 a 20.00 horas, terá o prazo de inscrición aberto ata as doce horas do martes 24. Segundo nos lembra a organización do seminario, vNext “supón a creación dun novo marco de traballo para o desenvolvemento web, optimizado para traballar na nube, con maior rendemento, menor consumo de memoria, multiplataforma e de código aberto”.
O obxectivo principal do seminario consiste en darmos a coñecer aos asistentes en que consiste e cales son as melloras que aporta vNext, amosándose exemplos de aplicacións funcionando en Mac, Linux e Windows. A xornada vai dirixida particularmente a analistas, desenvolvedores/as e programadores/as interesados/as no desenvolvemento de aplicacións e servizos web en contornas híbridas e, en xeral, a profesionais IT con interese na temática.
O relator da xornada será o galego Unai Zorrilla Castro, socio fundador da empresa Plain Concepts, en palabras do CNTG “unha das firmas máis importantes en desenvolvementos Microsoft, con sedes en España, USA e Dubai”. Autor de varios libros, Unai impartiu numerosas conferencias e charlas técnicas en todo o mundo, sendo recoñecido por Microsoft como MVP (most valuable professional) durante máis de unha década.
O acceso ao seminario, previa inscrición a realizar en liña a través do portal web do CNTG, é de balde e condicionado ao aforo do local. O acceso ao acto para aquelas persoas non inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de realización do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?