A semana pasada os usuarios da versión preliminar de Windows 10 podían comezar a probar a versión táctil de Office para o sistema operativo de Microsoft (que espérase que sexa de balde, na liña da versión de Office para iOS e Android), e agora Microsoft está tamén a abrir ao público xeral a versión preliminar de Office 2016 (que xa levaba semanas dispoñible para un grupo reducido de usuarios).
O Office 2016 será a versión de pagamento de Office, herdeira de 2013, que incluirá practicamente as mesmas prestacións da súa versión anterior, pero incluíndo melloras na súa interface e integrando un asistente que podería lembrarnos ao vello Clippy, axudándonos a obter axuda de xeito rápido, pero limitando a súa presenza en pantalla a una barra de busca na que podemos introducir as nosas dúbidas.
O Windows 10 RTM podería saír en xuño
Aínda que Microsoft non chegou a detallar o seu calendario
de lanzamento para Windows 10 e Office 2016, parece que as versións
preliminares do software están xa nun estado bastante estable, polo que
estariamos moi preto de chegar á súa versión definitiva e xa se comenta que a versión
de Windows 10 para fabricantes de sistemas informáticos podería chegar no mes
de xuño, movemento que podería facilitar que Windows 10 xa estivese en
equipos novos nas tendas no mes de setembro, ou sexa, para o inicio do curso
escolar, o que podería ser unha xogada que beneficiaría considerablemente á
vindeira xeración de equipos Surface, que podería ver a luz co novo sistema
operativo e poderían resultar extraordinariamente atractivos para estudantes ao
combinar o funcionamento dun portátil co dunha tableta con stylus (ou sexa, que incluso podería empregarse para a anotación de
diagramas e fórmulas dun xeito áxil).
Este novo calendario sería bastante crible se atendemos tamén aos prazos que se
marcaron durante o lanzamento de Windows 8, xa que só suporía unha redución dos
prezos en menos dun mes, o que non parece un axuste moi grande, e si tería uns
beneficios importantes a nivel comercial.

