
As tarifas de contrato para falar e navegar (Mini S, Smart, Red e Yu) e as de Internet móbil, terán activado de xeito predeterminado o Servizo de Máxima Velocidade, que aplicará un custo de 2 euros por cada 200 MB adicionais ata un máximo mensual de 2 GB (20 euros) que serán cando si pasará a reducirse a velocidade a 32 Kbps (agás que se contrate un bono de datos adicional). De todos os xeitos, cómpre advertir de que será posible desactivar este servizo, para así continuar a funcionar como ata o momento.
Este cambio de política afectará aos novos clientes ou aos cambios de tarifa, que serán os que teñen o Servizo Máxima Velocidade activado se non indican o contrario.
Vodafone dará prioridade ao pagamento por exceso de datos no móbil
Compartir Este Artigo
