Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Ubuntu Phone de Bq vén con galego de serie
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Ubuntu Phone de Bq vén con galego de serie

Redacción
Publicado: 12/02/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O novo sistema operativo móbil inclúe innovacións, pero carece de importantes aplicacións
O novo sistema operativo móbil inclúe innovacións, pero carece de importantes aplicacións
Como avanzamos hai uns días dende Código Cero, o primeiro teléfono de Ubuntu púxose á venda este mes de febreiro e da man dun fabricante español, a compañía Bq, que xunto con Canonical (que confiou en Bq para lanzar este dispositivo co sistema operativo libre que Canonical impulsa) quere achegar outra alternativa open source diferente á de Android. Esta alternativa, como dixemos, ten nome propio e é o Bq Aquaris E4.5 Ubuntu Edition, que irrompe no mercado a un prezo de 169.90 euros e con dúas ou tres vantaxes moi significativas. Por exemplo: vai estar dispoñible a través de diversas operadoras telefónicas e, ademais, co galego de serie. Isto será unha comodidade moi salientable para os usuarios da nosa terra, moitos dos cales terán recentes aínda na súa memoria os problemas e os atrancos sufridos para poder usar dispositivos iOS ou con Android na lingua de seu.
Segundo contan dende O meu Ubuntinho, hai outras vantaxes, amais da do galego como opción de entrada cen por cen dispoñible (confirmado por Canonical estes días nas redes sociais). Así, por vez primeira poderemos empregar nun teléfono móbil os Ámbitos (Scopes) que evitan ter que abrir e cambiar entre múltiples aplicacións. En troques disto, o sistema móbil Ubuntu traeranos todo o que necesitemos á pantalla.
Polo que respecta ao código fonte, estará aberto e cen por cen accesible para calquera desenvolvedor ou fabricante que desexe melloralo ou adaptalo ás necesidades concretas de usuarios específicos. Segundo engaden dende o dito blog galego, Canonical ten a previsión de achegar os 50 mellores aplicativos dispoñibles, incluído Facebook, Twitter, Dropbox, Evernote e Amazon. Tamén será compatible con HTML5 e, ademais, está concibido para ser plenamente operativo como sistema de escritorio en canto se emprega nunha pantalla de computador (a diferenza de iOS e Android).
A un nivel máis técnico, o Aquaris E4.5 Ubuntu Edition ten unha pantalla de 4,5 polgadas (cunha resolución de 960 x 540 píxeles), procesador MediaTek de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de almacenamento interno, cámaras de 8 e 5 Mpíxeles e dobre SIM.
O Bq Aquaris E4.5 Ubuntu Edition pode mercarse en Europa na páxina do propio fabricante.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?