Botou a andar a primeira Yahoo Mobile Developer Conference (YMDC) en San Francisco, congregando a milleiros de desenvolvedores de aplicacións móbiles cos que a compañía dirixida por Marissa Mayer puido compartir un novo conxunto de produtos para facer máis doado para os programadores a análise, monetización, publicidade e mellora das súas creacións. Iso foi posible grazas á combinación da tecnoloxía e dos datos de Yahoo, Flurry (compañía incorporada a Yahoo o pasado verán) e BrightRoll (mercada por Yahoo en decembro).
Temos así a nova Yahoo Mobile Developer Suite, que inclúe 5 produtos para aplicacións móbiles:
– Flurry Analytics Explorer: solución que axuda aos desenvolvedores a exploración de datos das súas aplicación móbiles.
– Flurry Pulse: SDK que fai doado compartir datos das aplicacións con socios sen ter que desenvolver nosos SDK, reducindo o custo de desenvolvemento e simplificando considerablemente o traballo.
– Yahoo App Publishing: plataforma para integrar publicidade nas aplicacións e poder así conseguir tirar proveito das mesmas.
– Yahoo Search in Apps: permite integrar os buscador de Yahoo nas aplicacións.
– Yahoo App Marketing: unha plataforma (Yahoo Gemini) para dar máis visibilidade ás aplicacións, chegando a usuarios tanto no escritorio como en dispositivos móbiles e en redes sociais.
Estas novas ferramentas xa están dispoñibles para os desenvolvedores, e supón unha interesante achega de Yahoo aos creadores de aplicacións móbiles na liña do que fan compañías como Facebook ou Google, deixando clara a importancia dos desenvolvementos de terceiros para o éxito de plataformas en liña.
Yahoo presenta solucións para facer doado tirar proveito económico das aplicacións móbiles
Compartir Este Artigo
