A primeiros de mes emerxeron trucos para poder activar as chamadas de voz sobre IP a través de WhatsApp, dando a entender que a fase de probas desta funcionalidade da popular aplicación móbil estaba a piques de rematar, e nas últimas horas a historia volver repetirse, pero desta volta a propia versión de WhatsApp dispoñible en Google Play é compatible coas chamadas (e non é preciso contar cun terminal rooteado), de xeito que para activar a nova prestación só era preciso empregar Android e que outros usuarios nos fixese unha chamada.
Os poucos afortunados que fixeron tal teñen agora a nova funcionalidade activada, mentres que o resto deberán agardar a que WhatsApp lance oficialmente a nova prestación, xa que o truco xa non está dispoñible. Ao parecer estas probas están a buscar un volume importante de usuarios que fagan un uso efectivo das chamadas mediante VoIP para poder probar o novo servizo dun xeito intensivo, para ter o sistema debidamente probado no seu lanzamento que algúns estiman que podería ser incluso a vindeira semana.
Un detalle curioso é que ao ter activada a posibilidade de facer chamadas de VoIP dende a aplicación deixan de poder lanzarse chamadas de teléfono ordinarias dende WhatsApp, o que parece confirmar que a emerxencia de tal opción hai poucas semanas en iOS era simplemente un preparativo para o novo servizo de voz.
WhatsApp permitiu durante unhas horas activar a posibilidade de facer chamadas de VoIP dende Android
Compartir Este Artigo
