A creación de novos dominios de Internet de primeiro nivel por parte da ICANN vai moito máis aló de nomes de dominio coma o .gal ou o .eus, e moitos destes sufixos teñen un grande interese comercial, de aí que haxa varias entidades que opten por facerse cos mesmos, o que nalgunhas situacións resólvese mediante poxa, o que vén de acontecer co dominio .app, ao que optaban doce entidades, e que finalmente foi parar a Charleston Road Registry Inc., entidade que pagou a meirande cantidade ata o momento por un dominio de primeiro nivel: 25.001.000 dólares.
Outros dominios de primeiro nivel adxudicados recentemente forno .tech por 6,7 millóns de dólares, .buy por preto de 5 millóns de dólares ou .spot por 2,2 millóns de dólares.
Charleston Road Registry Inc. é unha compañía de Google coa que concorre aos dominios de primeiro nivel ante ICANN, posiblemente para evitar a confusión que causaría que se presentase ante a entidade baixo o nome de Google (compañía acreditada como rexistrador de dominios de Internet). O nome desta compañía provén dunha das rúas que rodea a sede de Google.
Polo momento descoñécese a axenda de Google sobre o .app, e só sábese que na súa solicitude aseguraba que “a misión para o dominio de primeiro nivel proposto, .app, é achegar un espazo de dominios dedicados aos desenvolvedores de aplicacións”, asegurando que os usos previstos do novo domino non se limitaría a unha plataforma ou provedor en concreto, ou sexa, que non parece que vaia empregarse como un complemento da tenda de aplicacións de Google Play.
Google faise co dominio .app por 25 millóns de dólares
Compartir Este Artigo
