Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Poio acolle unha Mapping Party vindeiro 11 de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Poio acolle unha Mapping Party vindeiro 11 de abril

Redacción
Publicado: 23/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mapping_party_poio.jpgO vindeiro sábado 11 de abril, o Centro Xaime Illa de Raxó (no concello pontevedrés de Poio), vai acoller un encontro colectivo e aberto que xunta nun único evento a defensa do software libre e o inventariado xeográfico da nosa contorna (cartografando igual que se programa aberta e libremente). Falamos da festa Mapping Party Poio 2015, unha xuntanza cuxo obxectivo, en palabras dos seus responsables, é “pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do Concello de Poio”. O obradoiro vén da man da asociación de software libre XeoPesca e conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Poio e as asociacións SCD Raxó e ACDeM Armadiña.
O programa de actividades comeza ás 10.00 horas, coa presentación do proxecto libre OpenStreetMap e a organización dos equipos para as zonas a cartografar. Ás 11.00 horas, está previsto que arranque o traballo de campo, con explicacións de como empregar osmAndroid. Logo do xantar, traballarase coas computadoras para o verquido da información recollida e xuntada no OSM. A clausura da actividade celebrarase entre as 20 e as 20.30 horas.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición no documento específico do evento. O número de asistentes será de 25 e a escolma de candidatos levarase a cabo por orde de inscrición. Recoméndase aos participantes que acudan cos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. Podemos seguir o evento través de Twitter mediante a etiqueta #mappingpartypoio ou na páxina de Facebook de XeoPesca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?