Para instar á xente a lembrar momentos pasados e vellas fotografías que foron compartíndose no tempo a través de Facebook a compañía de Mark Zuckerberg lanza unha nova funcionalidade chamada On This Day, que vén a ser unha páxina na que se destacan as cousas que compartimos e os contidos nos que fomos etiquetados en Facebook na mesma data de anos anteriores. Estes contidos só serán visibles para o propio usuario, agás que decida compartilos cos seus amigos.
Esta funcionalidade está a espallarse globalmente nas versións web e móbil de Facebook, e estará dispoñible tanto a través dunha sección en Facebook, empregando o buscador da plataforma social ou visitando directamente o seu enderezo web, que presenta información personalizada para cada usuario. Neste espazo tamén podemos elixir se queremos recibir notificacións cando o sistema poida suxerirnos algún elemento para lembrar.
Facebook quere animarnos a lembrar momentos de anos anteriores
Compartir Este Artigo
