Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas ducias de voluntarios participaron na Mapping Party de Poio convocada por XeoPesca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Dúas ducias de voluntarios participaron na Mapping Party de Poio convocada por XeoPesca

Redacción
Publicado: 14/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tarde.jpgEste sábado 11 de abril o Centro Xaime Illa de Raxó (no concello pontevedrés de Poio) acolleu unha actividade que cinguiu, nunha única acción, a defensa do software libre e o inventariado xeográfico da contorna (cartografando igual que se programa aberta e libremente). Falamos da festa Mapping Party Poio 2015, dirixida a achegar espírito lúdico ao tempo que se traballou por incrementar os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do Concello de Poio.
walkin.jpg A organización do evento, a asociación de software libre XeoPesca, salienta a “moi boa aceptación” que tivo a actividade. Máis polo miúdo, engade o colectivo, “conseguiu reunir dúas ducias de persoas de diferentes localidades galegas, de diversos rangos de idade e inquietudes variadas co obxectivo común de aprender a mapear e liberar os datos”.
O obradoiro, que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Poio e as asociacións SCD Raxó e ACDeM Armadiña, artellouse en dúas partes principais: a saída de campo para a recollida de información e o envorcado dos datos. Diferentes membros da asociación xeoPesca estiveron a cargo da parte teórico-técnica necesaria para levar a cabo o labor de mapeo, cunha pequena exposición de contidos.
Segundo engaden dende a asociación, a dinámica foi colaborativa e “cun estilo de obradoiro”, adaptándoo a información as preguntas dos asistentes. De feito, a idea principal foi dende o comezo ter “unha xornada de aprendizaxe lúdico sobre a creación de mapas de información aberta”.
mappin_party_poio.jpgAs ferramentas principais usadas foron Open Street Maps como soporte para os datos recollidos e a aplicación OSM tracker como ferramenta para a obtención da información, “a maiores, por supostos, das notas en papel”. Como resultado, rexistrouse por parte dos participantes-voluntarios unha boa cantidade de información xeográfica da vila de Raxó, en Poio, e da súa contorna. XeoPesca tamén agradeceu a colaboración achegada polo Concello de Poio, a Armadiña e ao Asociación Cultural de Raxó.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?