O vindeiro venres e ata o 17 de maio desenvolverase unha nova edición de Incoruña, marca baixo a que se desenvolven distintas iniciativas que este ano teñen como lema “aprender, emprender e gozar”, e que permitirán coñecer casos de éxito en distintos ámbitos á vez que contará coa presenza de recoñecidos oradores nacionais e internacionais en material de creatividade, coaching e liderado. Dentro do ámbito tecnolóxico o máis salientable sería a celebración entre os días 5 e 6 de maio do Leadership Fórum e-Comm, que chega á súa terceira edición buscando a súa consolidación como evento galego sobre o comercio electrónico.
Este encontro sobre a creación de tenda en liña, exploración de novos nichos, exportación e internacionalización desenvolverase na sede coruñesa de Afundación, será unha actividade de balde para a que é preciso inscribirse en liña, e contará paralelamente cun par de obradoiros (de pagamento) que abordarán a mellora da conversión e a rendibilidade no comercio electrónico e a analítica web.
Participarán no evento figuras como Victoria Vera, directora do ICEX-eMarket Services, Sheila Álvarez (Elogia), Manuel Camacho (Solostocks) ou Pablo Medraño (Roi Scroll), entre outros, que buscarán amosar á PEME coruñesa e galega, ao profesional que está a emprender no comercio electrónico e ao negocio tradicional o potencial que ten a Internet para fornecer as súas actividades.
PROGRAMA DO LEADERSHIP FÓRUM E-COMM
MARTES 5
10:00 – INAUGURACIÓN: Apertura E benvida
10:05 – RELATORIO: Exportar sendo pequeno (Victoria Vera, directora ICEX – eMarketing Services)
11:30 – Coffee Break
11:45 – MESA REDONDA: eTenderos & casos de éxito
13:00 – Pausa
13:00 – 16:00h. Xantar libre
16:00 – Dropshipping (Miguel López – Manufacturas de Internet)
16:45 – Neuromarketing (Mª Carmen Fernández – Infinitum eCommerce)
17:30 – Digital Business (Pablo Medraño – director Social Media de Roi Scroll)
18:30 – Social eCommerce (Mapi Báez, CM certificada HootSuite)En paralelo: MEETING PROFESIONAL
17:00 – 19:00 – Ricardo Tayar: coversións ecommerce (& rocanrrol)MÉRCOLES 6
10:00 – Manuel Camacho (Solostocks): eCommerce para unha PEME
11:30 – Pausa
11:45 – MESA REDONDA: clientes especiais
13:00 – Pausa
13:00 – 16:00 – Xantar libre
16:00 – Crear unha tenda en liña de xeito sinxelo e case de balde
17:00 – Marketing para e-commerce. (Sheila Alvarez, Elogia)
18:30 – Sequra, a pasarela en liña que permite mercar sen pagar (e a crédito). (CEO Sequra)
20:00 – Nova lexislación e-commerce (Kike Soria – Tech & Law)En paralelo:
17:00 – 19:00 – ImprovingMetrics: analítica para ecommerce
