
Nesta iniciativa participan El País (España), Unidad Editorial (España), Vocento (España), Grupo Godó (España), Grupo 20minutos (España), El Confidencial (España), Les Echos (Francia), FAZ (Alemania), The Financial Times (Reino Unido), The Guardian (Reino Unido), NRC Media (Holanda), La Stampa (Italia) y Die Zeit (Alemania), xunto a organizacións líderes do sector xornalístico, incluíndo European Journalism Centre (EJC), Global Editors Network (GEN) e International News Media Association (INMA); estando previsto que DNI amplíe o seu traballo a outros editores europeos e a calquera persoa involucrada no sector das novas dixitais en Europa.

A DNI centrarase en tres áreas chave: desenvolvemento de produtos (abrindo a comunicación entre Google e os editores para desenvolver produtos que beneficien ao ecosistema de novas globalmente), apoio á innovación (cun investimento de 150 millóns de euros para proxectos de xornalismo dixital) e formación e investigación (Google investirá en formación e desenvolvemento para xornalistas e salas de redacción e financiará estudios sobre o contorno dos medios, á vez que ampliará en Europa as Google Journalism Fellowships).
Dá a impresión de que temos así unha canle de axudas á prensa por parte de Google, disfrazada de promoción da innovación, para evitar conflitos con vellos medios establecidos que teñen serios problemas para sosterse no actual contorno mediático.
Google investirá 150 millóns de euros durante 3 anos en xornalismo dixital
Compartir Este Artigo
