
A maiores, tamén se dá a entender que o devandito estado de cousas (un estado de cousas moi pouco desenvolvido) é aplicable perfectamente a outras agrupacións políticas, e que tanto estas como as administracións públicas “están en cueiros no que se refire a proximidade cos españois a través do mundo dixital”. Segundo explica Merodio, non abonda con estar na Internet, “cómpre facelo ao cen por cen”. O caso, sinala, é que agás contadas excepcións, “os principais partidos, administracións ou institucións só se preocupan por aparentar ser dixitais?”. No caso específico da web do PSOE, Merodio cualifícaa de “terrible”, e engade que fai gala dun “deseño anticuado e de contidos amoreados”. Polo que respecta á do PP, sinala que aínda que “está mellor cás páxinas do resto dos partidos, o cal que non difícil”, amosa un “deseño moi mellorable” en materia de feitura visual e “unha falta de credibilidade en materia de contidos”. No caso da web do Ministerio de Emprego, o experto sinala que máis dixital é un claro exemplo de cultura analóxica que teima en permanecer, “deixando para o futuro a comunicación bidireccional co usuario”.
Un experto sinala que o PP e o PSOE suspenden en materia de comunicación 2.0
Compartir Este Artigo
