Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de Software Libre 2015 inclúe case un cento de actividades de divulgación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

O Plan de Software Libre 2015 inclúe case un cento de actividades de divulgación

Redacción
Publicado: 13/05/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

amtega_floss_axentes.jpgHoxe formalizáronse novos pactos entre o Goberno galego e os nosos colectivos e entidades open source de cara á preparación e desenvolvemento de vindeiras actividades de promoción e impulso do software libre. Máis polo miúdo, tratouse dunha serie de convenios de colaboracións asinados entre AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) e os representantes galegos do ámbito da programación aberta. Na formalización dos acordos, a titular da axencia, Mar Pereira, trasladoulles aos axentes open source as liñas de acción do Plan de Software Libre 2015, no que participan con 26 das 95 actividades previstas. Ou sexa, que as asociacións colaboran coa AMTEGA en preto da terceira parte das actividades do Plan FLOSS deste ano.
As entidades que concorren e xuntan forzas son as seguintes: o Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas; a Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); e as seis Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL), ou sexa GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa, Asociación Cultural Proxecto Trasno e XeoPesca.
Os acordos asinados, cunha dotación conxunta de 120.000 euros, permitirán a realización de actuacións que inclúen dende a elaboración de documentación, a tradución de software libre, a organización de xornadas, cursos, obradoiros e do congreso internacional Akademy 2015 (conferencia internacional da comunidade de KDE ), o fomento da programación aberta en proxectos de cooperación ou solidariedade social, a implantación e formación en ferramentas de código aberto nas Universidades ou a convocatoria da 8ª edición do Premio ao mellor traballo universitario de fin de grado con Software Libre. A estes acordos, explica AMTEGA, cómpre engadir os asinados recentemente pola Axencia e os colexios profesionais de Enxeñaría Informática e Enxeñaría Técnica Informática (CPEIG e CPETIG) que tamén incorporan accións en prol do fomento do software libre.
plan_soft_libre_02.jpgO Plan de Acción en Software Libre 2015 recolle as 95 actuacións que durante este ano se porán en marcha para incrementar o uso e coñecemento do software libre a todos os niveis. Respecto de medidas concretas a desenvolver no seo da Administración autonómica, AMTEGA lembrou hoxe que “a Xunta vai iniciar a primeira fase de migración a software libre de 1.500 postos de traballo de empregados públicos”. Ademais, engadiu, “séguese a apostar polas ferramentas abertas en proxectos de calado para a Administración como o Arquivo Electrónico Administrativo (ARPAD) ou o sistema de rexistro único da Xunta de Galicia (AIRES) e polas políticas de reutilización de software libre con exemplos como a implantación da tramitación electrónica Wand@ ou a adaptación do sistema de notificacións electrónicas Notific@, desenvolvidas e liberadas pola Junta de Andalucía”.
Asemade, ao longo de 2015 as 98 Aulas CeMIT, que empregan o sistema operativo libre GNU/Linux, continuarán divulgando e fornecendo unha alfabetización tecnolóxica e formación en ferramentas libres e este ano reforzarmos a súa difusión a través de actividades do Plan de Voluntariado Dixital.
Este ano convocarase o VIII Premio ao mellor traballo universitario de fin de grado con Software Libre en colaboración co CIXUG, que integra as tres universidades e no que participa tamén a Asociación GPUL.
No que respecta ao impulso e fomento do Software Libre no ámbito empresarial, o Centro Demostrador TIC incorporará ao Centro Demostrador TIC Virtual dúas novas solucións libres que as PEME galegas poderán probar de balde. Está previsto ofertar a ferramenta libre CiviCRM para o terceiro sector e Odoo (antigo OpenERP) para a xestión integral de empresas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?