Hai preto dun ano Microsoft daba conta dunha tecnoloxía que estaban a desenvolver dende os seus laboratorios de investigación, Hyperlapse, que permitía estabilizar vídeos gravados en primeira persoa para crear time-lapses en vídeo que non mareen ao usuario que os ve, e agora conseguiron adaptala a teléfonos móbiles, de xeito que podemos descargala de balde para terminais con Windows Phone (nun Lumia 435, 530, 532, 630, 635, 636, 638, 640, 640 XL, 730, 735, 830, 930 ou 1520 ou nun HTC One M8) e para Android (para o que temos que unirnos á súa comunidade, o que abre o acceso á súa versión de proba a usuarios que teñan un Samsung Galaxy S5, S6, S6 Edge e Note 4, un Nexus 5,6 ou 9, un HTC One M8 ou M9 ou un Sony Xperia Z3).
Hyperlapse Mobile permite rexistrar un logo vídeo tomado en primeira persoa para amosar unha localización ou unha experiencia aos amigos, que logo podemos acelerar ata 32x, encargándose a aplicación de estabilizar o resultado para conseguir un resultado coidado que logo poidamos publicar na Rede como calquera outro vídeo tomado co móbil.
Se queremos crear este tipo de vídeos dende o ordenador tamén está dispoñible a aplicación Microsoft Hyperlapse Pro.
Vídeo de presentación da aplicación móbil para facer hyperlapses
Microsoft publica unha aplicación para facer hyperlapses
Compartir Este Artigo

