Para os amantes do retro está dispoñible para iOS unha nova aplicación bastante rechamante, Geek Watch – Retro Calculator Watch, que replica na pantalla dos dispositivos móbiles de Apple os clásicos reloxos calculadora de Casio, convertidos en iconas da cultura popular, e que, aparte de poder velos na pantalla do iPad ou o iPhone, agora tamén pode verse na pantalla do Apple Watch, o que fai que esta aplicación teña bastante máis sentido.
Esta aplicación está á venda por 0,99 euros, e non se limita a presentar a estética dos trebellos de Casio (mudando o seu nome por Geekio), senón que os reloxos en pantalla son plenamente operativo, ou sexa, que permitiría converter o Apple Watch nunha calculadora dun xeito divertido e orixinal.
A aplicación inclúe varios reloxo, permitindo o desbloqueo de máis modelos mediante compras integradas.
Vídeo coa aplicación en funcionamento
Unha aplicación converte o Apple Watch nun reloxo calculadora de Casio
Compartir Este Artigo

