Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Convocada a sétima edición do premio ao mellor proxecto universitario open source
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Convocada a sétima edición do premio ao mellor proxecto universitario open source

Redacción
Publicado: 26/05/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_fin_de_carreira_software_libre_2015.jpgTemos unha nova edición do recoñecemento aos nosos novos desenvolvedores de iniciativas informáticas abertas. Así nolo conta hoxe a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que vén de convocar un ano máis (a presente é a sétima edición) o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre. O galardón, informa a axencia, está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500 euros e a posibilidade de outorgar un segundo premio de 750 euros (en caso de que o xurado o considere axeitado tendo en conta a calidade dos proxectos presentados).
Os patrocinadores desta edición son o CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións para a Xestión Universitaria), cunha achega de 1.500 euros e a asociación universitaria GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) cunha achega de 750 euros. O obxectivo do premio, indica AMTEGA, é “o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e a apertura a novas posibilidades de emprego relacionado coas tecnoloxías da información, xa que a programación aberta constitúe un eido de traballo en crecemento”.
Pode optar ao premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2013-2014. O prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de setembro.
Os requisitos que deben cumprir estes traballos son “ter sido realizados cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative”.
Segundo explica a organización, o premio está aberto tamén a aqueles proxectos que fagan uso de hardware libre, en boa medida debido á presenza cada vez máis grande deste tipo de recursos abertos dentro do equipamento informático en xeral, a robótica e a intelixencia artificial.
Toda a información sobre como participar está dispoñible e na páxina do premio dentro do portal Mancomún. Así mesmo pode contactarse coa organización do premio tanto a través da Oficina de Coordinación de Software Libre da AMTEGA como da Oficina de Software Libre do CIXUG.
Lembrar que na edición do ano 2014 resultou como gañador Vreixo González Caneda polo proxecto Aplicativo de cálculo de rutas en transporte público con software libre. Así mesmo, concedeuse o segundo premio a Iago Veloso Abalo polo proxecto Sistema de grabación automática da emisión en directo dunha emisora de radio comunitaria con Software Libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?