Unha das grandes aplicacións móbiles de moda, Periscope, continúa a avanzar para manterse na brecha, e Twitter vén de renovar a súa versión para iPhone incorporando interesantes novidades entre as que destaca especialmente a sección Mapa, que permite explorar transmisións de vídeo en directo de todo o mundo (facendo tamén máis doado atopar cousas que nos poidan interesar no nos contorno).
A versión 1.1 de Periscope tamén fai que as repeticións das retransmisións en directo estean dispoñibles ao instante no móbil (sen ter que agardar a que se cargue despois da transmisión), permite compartir a través de Twitter a retransmisión que está vendo (non só a que estás transmitindo) e amplía o número de linguas nas que está dispoñible ata 29 (entre as que figuran o inglés, o portugués e o español).
É de agardar que a versión para Android reciba estas novidades na súa vindeira actualización.
Periscope xeolocaliza as súas transmisións de vídeo en directo
Compartir Este Artigo

