Antes da presentación de Apple desta tarde dentro da WWDC, Tim Cook realizou unhas declaracións sobre a diversidade dentro da compañía da mazá, asegurando que están a esforzarse na integración de mulleres e persoas de distintas razas dentro da empresa por entender que esa política pode levalos a conseguir mellores produtos.
Cook recoñece que Apple e a industria tecnolóxica en xeran non fixo un bo traballo en favor da diversidade (o 70% dos traballadores de Apple son homes) e asegura que durante a presentación desta tarde haberá maior presenza feminina que en anteriores ocasións.
Un dos camiños que está a percorrer Apple para avanzar na diversidade son bolsas para contribuír a que novos desenvolvedores poidan acudir a encontros como o WWDC, o que non soluciona o problema, pero supón un avance. Pero Apple non só contrasta na diversidade sexual dentro da empresa, senón que tamén acontece o mesmo a nivel racial, e mentres nos EE.UU. hai un 13% de cidadáns de afro-americanos, dentro de Apple a proporción cae ata o 7%, o que dá unha imaxe de discriminación contra a que a compañía quere loitar.
Pero está claro que unha compañía como Apple non pode dedicarse a contratar persoal seguindo un criterio de cotas, xa que ten que procurar contratar aos mellores, polo que o que debe solucionarse é o problema de raíz, de aí que orienten os seus esforzos á educación, como contribuíndo con 10 millóns de dólares á nova iniciativa Latinas in Tech, un proxecto o NCWIT que busca animar ás mozas a interesarse na tecnoloxía, conscientes de que a proporción de mulleres en titulacións informáticas está a caer estrepitosamente.
Tim Cook asegura querer máis mulleres traballando en Apple
Compartir Este Artigo
