Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tres novas incorporacións galegas ao catálogo do Centro de Transferencia de Tecnoloxía
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Tres novas incorporacións galegas ao catálogo do Centro de Transferencia de Tecnoloxía

Redacción
Publicado: 08/06/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

desourb.jpgA nosa terra xa hai tempo que é unha factoría de software libre de primeira liña, e a inclusión de programas de empresas nosas no catálogo de solucións do Centro de Transferencia de Tecnoloxía do Estado non fai máis que corroboralo. Sen ir máis lonxe, os días pasados formalizouse a incorporación ao CTT de tres solucións innovadoras de raizame galega, co obxectivo de ampliar a súa difusión e acompañando o proceso de toda a información precisa para facilitar o seu coñecemento e reutilización. Trátase de XEA, DESOURB e Concurrent Cache Manager.
Segundo informa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), responsable da inclusión, as tres ferramentas foron publicadas ao longo do ano pasado no seu Repositorio de Software Libre.
A idea, agora, amais de favorecer o seu coñecemento, é ampliar a súa marxe de uso e implantación para outras administracións e fomentar (tratándose como se trata de software libre) a colaboración para a súa mellora.
XEA é unha aplicación web para a xestión de todos os recursos das aulas CeMIT (aulas de alfabetización e formación dixital de AMTEGA, espalladas por todo o noso territorio), que permite aos usuarios a consulta sobre todas as actividades de formación que se ofertan, a inscrición nelas, o apoio para a súa realización e a obtención de certificados de aproveitamento dos mesmos. Tamén proporciona aos responsables das centros a organización tanto das actividades da Rede como do seu labor diario. XEA é unha adaptación desenvolvida por Fundetec para AMTEGA, da aplicación ISIS, creada previamente por Fundetec para a xestión do programa CyLDigital da Xunta de Castela e León.
O proxecto DESOURB, pola súa banda, foi desenvolvido con fondos europeos obtidos a través do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) cuxo obxectivo era a definición dun modelo innovador de planificación e xestión territorial baseado en indicadores. Para iso creouse unha plataforma informática en web, que permite a captura e introdución de información, tanto en soporte alfanumérico como xeográfico, necesaria para a realización dos diagnósticos, establecer obxectivos ou facer seguimento dos resultados das accións realizadas en base a índices e indicadores. “A aplicación”, explica AMTEGA, “permite o cálculo automático destes indicadores, dende os que comprenden cálculos máis sinxelos, como os máis complexos que requiren operacións con datos xeográficos”.
Por último, Concurrent Cache Manager (CCM), é unha biblioteca Java que, segundo explica a Axencia, permite “mellorar de forma notable o rendemento das transaccións entre as aplicacións empregadas nas Oficinas do Servizo Público de Emprego de Galicia e a plataforma informática do Servizo Público de Emprego estatal, o que se traduce nunha maior axilidade no desenvolvemento traballo por parte dos empregados de ditas oficinas”. CCM, engade AMTEGA, é un compoñente software que pode ser reutilizado “por calquera servizo de emprego autonómico, xa que todos eles precisan conectarse aos sistemas do Servizo Público de Emprego estatal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?