Os anuncios de Microsoft sobre a política de licenzas de Windows 10 non deixa de causar confusión, e ao igual que chegou a pensarse que o novo sistema operativo podería piratearse sen limitacións, nos últimos días deuse a entender que os usuarios que participan do programa que abre o acceso á versión preliminar de Windows 10 terían unha licenza de balde do novo sistema operativo, o que non se axusta completamente á realidade.
O que realmente quixeron comunicar dende Microsoft é que os usuarios que están a probar a versión preliminar de Windows 10 poderán actualizar á versión definitiva de Windows 10 tras o 29 de xullo, aínda que de abandonar o programa Windows Insider só poderían seguir a empregar Windows 10 legalmente se actualizaron dende Windows 7 ou Windows 8.1, ou sexa, que os usuarios de Windows XP ou Windows 7 non pode empregar tal atallo para conseguir unha licenza de Windows 10 de balde.
Iso si, os usuarios que se manteñan no programa Windows Insider poderán seguir a gozar do novo sistema operativo, pero iso suporá que continuarán a recibir versións anticipadas de Windows, que chegado certo tempo serían de instalación forzosa, xa que as versións preliminares caducan, o que fai que os equipos no programa estean sempre nunha situación inestable, non recomendable para equipos en explotación.
Participar no programa Windows Insider non supón recibir unha licenza de Windows 10 de balde
Compartir Este Artigo
